Escoitar

A Fundación Laxeiro convoca as axudas á creación artística<br />

A Fundación Laxeiro coa colaboración da Fundación Feima convoca unha bolsa de axudas á creación artística. O prazo para presentar a documentación pertinente remata o vindeiro xoves 1 de novembro.

xoves, 13 set 2007
A Fundación Feima, para a difusión da arte galega en Madrid, e a Fundación Laxeiro destiñan axudas a artistas plásticos, nados ou residentes en Galicia, menores de 36 anos. Todos aqueles que queran optar a esta axuda deberán presentar a documentación administrativa e artística pertinente antes do xoves 1 de novembro na sede da Fundación Laxeiro, especificando no sobre "Bolsas á creación artística".

As axudas cosntarán dos seguintes apartados. Por unha banda, un gañador que será destinatario de: un premio de 3.000 euros, unha axuda para producción de obra, a exposición do proxeto gañador tanto na sede da Fundación Laxeiro en Vigo como na sede da Fundación Feima en Madrid, a adquisición da obra por un importe de 2.000 euros e a edición dun catálogo no que se recollerá a totalidade da súa producción ata o momento, e por outra, dous proxectos finalistas que premiarán aos autores con sendas bolsas de adquisición de obra, por importe de 2.000 euros cada un.

Para máis información, os interesados poden chamar ao teléfono da Fundación Laxeiro, 986 438 475, ou achegarse a súa sede central na rúa Policarpo Sanz nº 15-3º en Vigo.