A cónsul de Portugal despídese antes da súa partida para A India
A cónsul de Portugal en Vigo, Maria Regina Flor de Almeida, visitou este xoves o Concello para despedirse do alcalde, Abel Caballero, antes da súa partida para A India.
![1189686442consul130907.jpg 1189686442consul130907.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1189686442consul130907.jpg)
Maria Regina Flor de Almeida viaxará a Nova Delhi a semana que vén para ocupar o cargo de cónsul de Portugal na India. Tras a súa marcha, o Consulado de Portugal en Vigo pasará a ser Viceconsulado. O cargo de vicecónsul será ocupado por un novo representante luso a finais de ano.
Descargar todas as imaxes