Little Annie e Baby Dee abren o salón "sin sal"

xoves, 22 feb 2007

O 3 de marzo é a data de presentación da quinta edición da cita musical do "salón sinsal" que patrocina a concellería de Cultura e que ven de prestar o seu concelleiro Ignacio López Chaves e o director do festival, Julio Gómez.

Presentada a revista "Ciencia"

mércores, 21 feb 2007

O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, ven de presentar unha nova publicación co nome "Ciencia " da Agrupación Astronómica Rías Baixas de Vigo coa que se pretende divulgar coñecementos da ciencia e da astronomía . No acto de presentación estiveron tamén o presidente da agrupación, Antolín Franco o director da publicación, Fernando Mori.

Presentada a "Ruta de arquitectura racionalista" en Vigo

venres, 16 feb 2007

O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves e o subdirector da Fundación CaixaGalicia,José Victorio Nogueira Barcia, presentaron a "ruta da arquitectura racionalista en Vigo" coa que se pretende a difusión do patrimonio arquitectónico da cidade e completa outros traballos que se veñen realizando neste sentido.

A natureza galega no Verbum

venres, 9 feb 2007

Durante os domingos do mes de febreiro, en horario de 12 a 13.30 horas, o Verbum organiza tres obradoiros creativos sobre a natureza de Galicia, organizados pola empresa de educación ambiental Estela, Loxística e Proxectos. Estas actividades están dirixidas a todos os públicos, especialmente ás familias.

Inicio do programa "Con T de Teatro"

venres, 9 feb 2007

O Auditorio Municipal vai ser o escenario onde se representarán, a partir do 10 de febreiro, as obras do programa "Con T de Teatro", destinadas todas elas ao público familiar. As representacións realizaranse os sábado ás 18 horas , con entradas a tres euros para os adultos e a dous para o publico infantil ata os 12 anos.<br />

O MARCO, en terra de ninguén

venres, 9 feb 2007

O MARCO acolle a partir de hoxe venres a mostra colectiva "Entre fronteiras", que fala do modo en que as fronteiras definen, cuestionan e documentan o noso mundo contemporáneo, tendo en conta as numerosas transformacións sociopolíticas, culturais e económicas dos últimos anos, así como os cambios na maneira de comunicarnos e na nosa capacidade de viaxar.