Programación dos último trimestre do ano do MARCO
O concelleiro de Cultura, Xesús López e o director do Marco, Iñaki Martínez Antelo, presentaron o avance das actividades que terán lugar Museo de Arte Contemporánea de Vigo, nos vindeiros meses: exposicións temporais, concertos e festivais, programación audiovisual, programación didáctica, cursos e talleres, actividades da Agrupación de Amigos, programación da Biblioteca-Mediateca, e moi especialmente as celebracións asociadas ao 5º aniversario.
![1190283424lamelas.jpg 1190283424lamelas.jpg](http://xornal.vigo.org/medi/xornal/noticias/imx/1190283424lamelas.jpg)
O 13 de novembro de 2007 o MARCO cumprirá cinco anos dende a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta especial efeméride, o museo pon en marcha un conxunto de actividades que comezarán no mes de setembro co ciclo de concertos ‘MARCO SONORO’, e que se irán desenvolvendo de xeito gradual durante os próximos meses, con especial protagonismo da mostra ‘TEMPO AO TEMPO’, e da celebración da FESTA 5º ANIVERSARIO a mediados do mes de novembro.