Escoitar

Primeira reunión de Caballero co futuro director do Aeroporto de Vigo

O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este xoves no seu despacho co futuro director do Aeroporto de Vigo, Antonio García Pierre, con quen manterá unha relación "moi fluída" para desenvolver os proxectos que nos próximos anos marcarán o crecemento desta infraestrutura.

xoves, 20 set 2007
1190286377peinador200907.jpg
No encontro estiveron presentes tamén o director de Aeroportos da Rexión Centro-Norte, Jesús Mª Villaroel Blanco, e o actual director de Peinador e futuro director do Aeroporto de Lavacolla, Luis Rey Pomar, que recibiu a felicitación do alcalde polo traballo realizado nos últimos dous anos.

Caballero indicou que a chegada de García Pierre a Vigo se produce "nun momento especialmente importante" para o crecemento do seu aeroporto. Segundo explicou o alcalde, nun prazo de dous a catro anos deberán ser resoltas "grandes cuestións" relacionadas co desenvolvemento de Peinador: a construción dun novo aparcadoiro de 3.000 prazas, a ampliación da plataforma de estacionamento, a redacción do novo Plan Director e a creación de novos accesos ao aeroporto.

Neste sentido, o alcalde manifestou o seu "enorme optimismo" polo que espera sexa unha boa resposta das distintas administracións implicadas ás mencionadas demandas.
Descargar todas as imaxes