"Embarcacións do Mar de Vigo" segue co seu proxecto no marco dos Programas de Cooperación<br />
O Delegado Provincial da Consellería de Traballo, Pedro Borrajo, e o Concelleiro de Emprego, Santos Héctor, presentaron este xoves a continuidade do Programa de Cooperación "Embarcacións Mar de Vigo".
No marco dos Programas de Cooperación para este ano 2007, subvención que a Xunta de Galicia establece dirixida á contratación de traballadores e traballadoras desempregados para a realización de obras ou servizos de interese social, o Concello de Vigo seleccionou a 81 traballadores e traballadoras, de entre os máis de 250 que enviou o Servizo Público de Emprego, coa finalidade de desenrolar diferentes memorias durante 6 meses de contrato.
O persoal contratado para facer a memoria "Embarcaciones do Mar de Vigo" suman un total de nove persoas, un experto en actividades náuticas e oito auxiliares, que son na súa maioría ex-alumnado das escolas taller "Mar de Vigo". Todos eles están contratados dende o 1 de xullo e até o 31 de decembro coa finalidade de continuar e profundizar nas actividades de promoción de embarcacións tradicionais e de actividades náuticas que viñan desenrolando estas escolas dende fai tempo.
Os obxectivos, polo tanto, deste Programa de Cooperación 2007 "Embarcacións Mar de Vigo" son os seguintes: manter en perfecto estado para o ser uso as embarcacións tradicionais construídas polos sucesivos proxectos da escola obradoiro "Mar de Vigo"; rematar algúns traballos pendentes para a perfecta adecuación das embarcacións para unha navegación normalizada; achegar o mundo das embarcacións tradicionais a todos os vigueses e viguesas, especialmente aos máis novos; difundir o patrimonio cultural marítimo mediante a navegación e participación en encontros e xuntanzas de embarcacións tradicionais e valorar, e no seu caso, chegar a programar, a posible participación das embarcacións tradicionais do Concello de Vigo na feira internacional Brest 2008.
Descargar todas as imaxes