Obradoiro de pensamento contemporáneo "Como facer cousas con palabras"

venres, 29 xan 2010

Os próximos días 4,5 e 6 de febreiro terá lugar no Verbum o obradoiro de pensameneto contemporáneo "Cómo facer cousas coas palabras" que organiza do colectivo "Proxecto Derriba". A actividade, de carácter gratuito, está dirixida ao público xeral , afeccionados á contemporaneidade das ciencias en xeral e universitarios. O prazo de inscrición está aberto ata completar o aforo de 40 persoas.

O MARCO ofrece as "Cousas que só un artista pode facer"

venres, 29 xan 2010

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo ofrece desde hoxe, nas salas do primeiro andar, Cousas que só un artista pode facer, unha singular exposición que ten en conta a presenza do humor en obras adscritas a distintas correntes e pertecentes a unha ducia de creadores de diferentes nacionalidades pero que coinciden na forma de traballar. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 2 de maio.

Continúa aberta ao público a mostra individual de Jorge Barbi no MARCO

luns, 25 xan 2010

Ata o 14 de febreiro continúa aberta ao público na planta baixa do MARCO a mostra individual de Jorge Barbi (A Guarda, Pontevedra, 1950), comisariada por Juan de Nieves. A exposición baséase na idea do percorrido, do paseo, e da observación cotiá da natureza e as súas mutacións, como un extenso arquivo que o artista foi construíndo ao longo do tempo.O argumento creouse a partir de varias series de fotografías realizadas nos últimos anos, xunto cunha coidada selección de pezas anteriores, e novas producións específicas para esta mostra, intentando establecer novas lecturas do seu traballo.

Xesus López salienta o protagonismo do pobo de Vigo no cartaz que será este ano imaxe da Festa da Reconquista

martes, 19 xan 2010

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este martes a proposta gañadora, dotada con 800 euros, do concurso de cartaces da Reconquista do 2010 e que servirá de imaxe oficial á festa. Na presentación, na que tamén participou o presidente da Asociación Veciñal do Casco Vello, Henrique Macías, e dous dos autores, Xesus López presentou tamén os duos cartaces aos que se lle concederon os áccesits, dotados con 400 euros cada un.

Espacio Atlántico converte a Vigo en cidade da arte

venres, 15 xan 2010

Espacio Atlántico abriu a súas portas o xoves pola tarde nas instalacións do Instituto Feiral (IFEVI), donde concurre todo o fin de semana unha nutrida representación de galeristas que converten a Vigo en referente da arte contemporánea, en especial de pintura, fotografía e escultura, aínda que tamén se poden apreciar vídeo e o traballo en vivo dun artista vigués. A todos eles engádese Leopoldo Nóvoa, a quen nesta edición se lle fai unha homenaxe con presenza incluida da súa obra.

Espacio Atlántico busca ser referente do arte no noroeste peninsular

mércores, 13 xan 2010

Baixo o lema "ven a escoitar o que os teus ollos queren contarche", inicia a súa andaina Espacio Atlántico, nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), donde 52 expositores de galerías españolas e portuguesas dispoñen de 15.000 metros cadrados para expoñer as principais novidades do eido artístico desde o 14 ata o próximo domingo. Deste xeito, a convocatoria, que chega a cuarta edición, aspira a converterse na principal referencia do noroeste peninsular dentro do sector da plástica.

A historia de Galicia no Verbum

xoves, 7 xan 2010

O Verbum programa para este mes os obradoiros sobre "A Historia de Galicia" dirixidos a nenos e nenas a partir dos catro anos. Os obradoiros terán lugar os domingos de xaneiro de 12 a 13.30 horas cun aforamento limitado a 50 asistentes. A entrada é por orde de chegada e ten un prezo de 1 euro por asistente.

Xesus López salienta que MoveVigo Nadal 2009 amplía o seu programa a 95 actividades para chegar a 26 barrios da cidade

martes, 22 dec 2009

O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou este martes que o programa MoveVigo Nadal 2009 organizado pola Federación Veciñal Eduardo Chao amplía ata 95 o seu número de actividades para chegar a un total de 26 barrios e parroquias. Na presentación do programa, na que tamén participou o responsable de Cultura da Federación Veciñal, Xosé Couñago, o edil afirmou que "do que se trata é de achegar a cultura a toda a cidadanía".