O tenente de alcalde anuncia que en maio abrirá na Casa da Xuventude a Escola Municipal de Regueifas

venres, 25 mar 2011

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asistiu hoxe ao III Certame Escolar de Regueiras no que participan 550 alumnos e alumnas de ESO de 15 centros escolares da cidade e anunciou que no mes de maio empezará a funcionar na Casa da Xuventude a primeira Escola Municipal de Regueifas. O nacionalista lembrou que este fora un compromiso que adquirira na edición no ano pasado dun certame que promove a Concellería de Normalización Lingüística.

Obradoiros entorno á exposición "Música en Branco, memoria dunha cidade" no Verbum

venres, 25 mar 2011

A exposición Música en Branco. Memoria dunha cidade, que trata de transportarnos á década dos anos 80, cando a cidade de Vigo viviu un dos seus mellores momentos de creación musical. A Movida viguesa supuxo unha reacción á música convencional da época e caracterizouse xunto coa Movida madrileña como o berce da idade de ouro do Pop Español. Aproveitando esta mostra a Casa das<br /> Palabras propón unha serie de obradoiros para familias relacionados coa música, utilizándoa<br /> como vehículo de experimentación e intercambio, de espontaneidade, de enerxía...

Xesus López anuncia que o Vigo a Escena 2011 programa 70 actuacións de 15 compañías en 23 espazos diferentes

mércores, 23 mar 2011

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este mércores a programación do Vigo a Escena 2011, que nesta nova edición inclúe 70 representacións de 15 compañías teatrais, tanto profesionais como afeccionadas. O concelleiro nacionalista destacou que o obxectivo deste programa é "descentralizar a actividade cultural de Vigo", polo que puxo en valor que as actuacións serán nun total de 23 espazos distintos.

Mañá martes comeza no Auditorio Municipal o proxecto "Raizames" coa actuación do grupo vasco Oreka Tx

luns, 21 mar 2011

A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural no Auditorio Municipal continúa mañá co inicio do proxecto "Raizames". O primeiro concerto desta iniciativa correrá a cargo da banda vasca de txalaparta Oreka Tx, que ofrecerá o espectáculo Nömadak Tx ás 20.30 horas. O prezo das entradas é de 10 euros, e pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

Día Mundial da Poesía

venres, 18 mar 2011

O vindeiro luns 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Para celebrar dito acontecemento, o museo Verbum – Casa das Palabras únese ás distintas celebracións con varias propostas para o día 18 e o día 20.

Xesus López anuncia que o cine súmase á programación do Auditorio Municipal, que incorpora dous novos tipos de abono

venres, 18 mar 2011

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este venres a continuación do programa estable de artes escénicas do Auditorio Municipal para os meses de abril, maio e xuño. O nacionalista destacou que o cine súmase ao teatro, á música e á danza, dan man do Cine Club Lumière, ofrecendo unha programación "amplísima e variadísima para todos os públicos como nunca tivo esta cidade".

Cancélase o concerto de Eladio y los Seres Queridos previsto para o 26 de marzo no Auditorio Municipal

luns, 14 mar 2011

O concerto de presentación do segundo disco do grupo vigués Eladio y los Seres Queridos, previsto para o vindeiro 26 de marzo no Auditorio Municipal, cancélase ata nova data, segundo informa a Concellería de Cultura. Esta actuación incluíase na programación do Auditorio Municipal para o mes de marzo, pero finalmente non se vai poder celebrar nesa data como estaba previsto.

A Orquestra Xovigo protagoniza mañá sábado a estrea mundial de "Adagio para orquestra", do galego Fernando Buide

venres, 11 mar 2011

A Orquestra Xovigo, impulsada pola Tenencia de Alcaldía, a Concellería de Cultura e a Asociación Galega da Música para potenciar aos novos valores musicais vigueses, comezará este fin de semana a súa andaina coa estrea mundial da obra "Adagio para Orquestra", do compositor galego Fernando Buide. Os concertos terán lugar mañá e o domingo, ás 20.30 horas, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.