venres, 13 nov 2020
Por 41.000 euros, a contratación da supervisión e apoio fronte ao coronavirus pasou pola Xunta de Goberno Local. Os traballadores atenderán á cidadanía na rúa, supervisarán as medidas sanitarias e controlarán os accesos ás zonas delimitadas. O alcalde quere que o acendido da iluminación coincida coa apertura da hostalería.
xoves, 12 nov 2020
A sesión plenaria aprobou este xoves as modificacións orzamentarias para engadir o remanente municipal, toda vez que o Goberno de España autorizou o seu uso. Coa millonaria partida adicional, o goberno de Vigo busca “minimizar as consecuencias socioeconómicas do Covid, xerar emprego e relanzar o consumo”.
xoves, 12 nov 2020
A Corporación de Vigo celebrou este xoves un Pleno Municipal extraordinario sobre a situación da cidade durante a actual crise sanitaria do Covid-19. O alcalde destacou as medidas postas en marcha polo goberno local e a atención social aos cidadáns sen apoio da administración autonómica. Os grupos da oposición reclamaron máis axudas por parte do Concello aos sectores afectados.
mércores, 11 nov 2020
O alcalde de Vigo mantivo este mércores unha xuntanza cos responsables da empresa RC Fil Non Tex, interesada en levantar na cidade unha planta de produción téxtil. A firma, con 30 anos de experiencia no sector, produce material para a fabricación de EPIs anticovid e ten tamén aplicacións industriais e agrícolas.
mércores, 11 nov 2020
O Concello de Vigo seguirá a apoiando á hostalaría eximindo ao sector de pagar o recibos da auga, do lixo e do vao comercial durante o tempo que permanezan pechados por requirimento autonómico. Deste xeito, as achegas municipais ao sector superarán esta ano os 5 millóns de euros.
venres, 6 nov 2020
O alcalde de Vigo avanzou as medidas que tomará o Concello a partir da noite do venres ao sábado debido á entrada en vigor do decreto da Xunta de Galicia coas novas restricións á mobilidade. VigoZoo estará pechado durante o mes e queda reducido o aforo en cemiterios e instalacións deportivas e culturais.
xoves, 5 nov 2020
O alcalde de Vigo visitou este xoves, xunto ao ministro Salvador Illa, o grupo Zendal en O Porriño, onde se fabrica a vacina contra o Covid-19 que estará dispoñible no prazo de seis meses. “Xa temos horizonte a todo este esforzo, sabemos que vai ter un final satisfactorio e pronto, temos que utilizar o sentido común e a prevención”, sinalou o alcalde.
mércores, 4 nov 2020
O alcalde de Vigo fixo este mércores un novo chamamento á cidadanía para que se cumpran as medidas tomadas fronte a evolución do Covid-19. Caballero insistiu na necesidade de aumentar o número de rastrexadores e de PCRs, así como reforzar a Atención Primaria.
luns, 2 nov 2020
Xa operativo, o dispositivo prolonga a presenza de traballadores sociais no albergue municipal de Marqués de Valterra ata as 22 horas e habilita as 24 horas un teléfono a disposición das forzas e corpos de seguridade do Estado para emerxencias sociais. Abel Caballero: “No Concello de Vigo non hai límite orzamentario para a atención social”.
luns, 2 nov 2020
O Concello de Vigo prosegue co reparto das 75.000 máscaras hixiénicas que vén de recibir do Goberno central e das que xa entregou 6.000 esta fin de semana en diferentes mercados municipais. En próximos días proseguirá o reparto en distintas zonas da cidade, ademais de reservar 10.000 unidades para os nenos e nenas que volverán ás Escolas Deportivas tan pronto como se poida retomar o programa.