O Concello inicia este sábado o reparto gratuíto de 75.000 máscaras faciais

venres, 30 out 2020

Procedentes do Goberno de España, o alcalde explicou que 22.000 se entregarán nos mercados municipais, nas oficinas de distrito e en asociacións de veciños, outras 43.000 máscaras irán para colectivos vulnerables e 10.000 máis, para as escolas deportivas municipais cando se retomen. Este sábado se distribúen as primeiras nos mercados do Calvario, Travesas, Berbés e Cabral.

Caballero: “Temos que extremar precaucións ante o Covid-19 porque en Vigo estamos empeorando e imos na mala senda”

mércores, 28 out 2020

O alcalde de Vigo advertiu este mércores de que os datos sobre a evolución da pandemia na cidade e na área sanitaria son preocupantes. O conselleiro de Sanidade citou a Caballero a unha reunión mañá xoves e informoulle dos resultados a 14 días, polo que o Caballero pediu á cidadanía que extreme as precaucións porque “empeoramos a certa velocidade, está indo mal”.

A Corporación pide máis orzamento sanitario, acceso a ambulatorios e reforzar a Atención Primaria

mércores, 28 out 2020

A moción foi elaborada e impulsada pola plataforma SOS Sanidade Pública, presentada por Marea de Vigo e apoiada por todos os grupos salvo o PP, que votou en contra este mércores. O acordo solicita á Xunta un incremento do orzamento sanitario, acabar coas restricións de acceso aos centros de saúde e incrementar o persoal de Atención Primaria, entre outros puntos.