luns, 7 dec 2020
Abel Caballero referiuse este luns ao “bo comportamento” da cidade durante a primeira fin de semana de acendido da iluminación de Nadal e explicou que xa están traballando os 25 controladores Covid contratados polo Concello para supervisar o respecto da normativa de seguridade Covid.
venres, 4 dec 2020
O presidente da FEMP “saúda con entusiasmo” que os Presupostos Xerais do Estado de 2021 rescaten o fondo para transporte urbano acordado coa Federación e que autoriza un crédito inicial de 275 millóns para compensar o déficit das empresas por mor da pandemia.
mércores, 2 dec 2020
Un total de 79 persoas están acollidas a día de hoxe nos albergues e hostais da cidade a cargo do Concello. Ademais, o alcalde sinalou que foron aprobadas novas axudas de emerxencia para atender as necesidades de 37 familias.
luns, 30 nov 2020
Abel Caballero anunciou esta mañá que o acendido de Nadal adiántase ao mércores 2 de decembro ás 20,00 h debido ás malas condicións climatolóxicas previstas para o xoves 3 de decembro, data escollida inicialmente. En rolda de prensa, reiterou á cidadanía a indicación de seguir o acto en directo a través dos medios de comunicación dado que a rúa Policarpo Sanz -na que está a gran árbore -estará acotada á un máximo de 50 persoas.
luns, 30 nov 2020
Caballero avanzou que en breve serán repartidas 45.000 máscaras, enviadas polo Goberno de España, en mercados, asociacións de veciños, culturais e ONGs.
xoves, 26 nov 2020
A Xunta de Goberno local deu luz verde esta mañá á contratación da loxística que permitirá que a Cabalgata de Reis -que será estática nesta ocasión – resulte 1.000 por 100 segura Covid. Tal e como dixo o rexedor, a proposta de Vigo xa é un referente de deseño en toda España.
luns, 23 nov 2020
Abel Caballero agradeceu este luns en rolda de prensa o bo comportamento da cidadanía viguesa durante as actuais restricións derivadas da pandemia do Covid-19. O alcalde indicou que os datos apuntan ao optimismo, pero advertiu de que “temos que perseverar máis que nunca”.
venres, 20 nov 2020
Abel Caballero informou este venres de que o Concello cederá 170 vallas máis solicitadas por colexios da cidade para adaptar os seus espazos e poder cumprir as medidas sanitarias. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou a prórroga do contrato para a xestión da Escola Infantil Atalaia de Teis.
venres, 20 nov 2020
Abel Caballero compareceu este venres na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural de Galicia, celebrada no Parlamento autonómico, onde o rexedor avogou pola “unión de todos os actores, pola coordinación institucional e a lealdade” para loitar contra a pandemia.
luns, 16 nov 2020
Un total de 70 persoas están acollidas a día de hoxe nos albergues e hostais da cidade a cargo do Concello. Ademais, o alcalde sinalou que foron aprobadas novas axudas de emerxencia para atender as necesidades de 30 familias.