luns, 8 feb 2021
O alcalde deu conta este luns da concesión das subvencións a entidades sen ánimo de lucro no pasado 2020, ano no que o Concello, pese á caída de actividade polo Covid-19, decidiu soster a contía da convocatoria. Trinta e nove entidades viguesas resultaron beneficiarias.
luns, 8 feb 2021
Abel Caballero pedirá unha xuntanza con Reyes Maroto, ministra de Industria, Comercio e Turismo, para falar das achegas destinadas á hostalería por parte da Xunta de Galicia.
xoves, 4 feb 2021
Abel Caballero avanzou que o Concello seguirá a repartir máscaras entre a cidadanía, neste caso, 200.000 unidades que vén de aceptar como doazón dunha entidade privada. Os sábados 6 e 13 de febreiro está previsto un reparto de material de protección nos mercados municipais.
venres, 29 xan 2021
Ante as novas restricións decretadas pola Xunta ata o día 17, o alcalde anunciou este venres novas entregas gratuítas de máscaras faciais nas prazas de Cabral, Progreso, Teis, Calvario, Travesas, Berbés e Bouzas, os dous primeiros sábados de febreiro. Ademais, Vigo presta apoio loxístico e policial ao cribado que comeza este venres no IFEVI.
xoves, 28 xan 2021
Os asesores de hostalería do Concello de Vigo percorreron practicamente toda a cidade analizando todos os aspectos de cumprimento da normativa covid tanto en terraza como no interior. Na última semana visitaron 677 establecementos.
mércores, 27 xan 2021
O alcalde de Vigo informou este mércores en rolda de prensa do peche de instalacións municipais en cumprimento da orden publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) coas restricións para facer fronte á crise sanitaria.
martes, 26 xan 2021
O alcalde considera “imprescindible” a indemnización ao sector hostaleiro da cidade e concorda coa idoneidade de aplicar os criterios que contempla tanto o modelo Valencia como o proposto polas deputacións galegas: a achega do 1% do orzamento de cada administración.
venres, 22 xan 2021
Un total de 117 persoas están acollidas a día de hoxe nos albergues e hostais da cidade a cargo do Concello. Ademais, o alcalde sinalou que foron aprobadas novas axudas de emerxencia para atender as necesidades das familias viguesas e que o importe total desde o inicio da pandemia suma xa máis de 1,6 millóns de euros.
xoves, 21 xan 2021
Abel Caballero trasladou tamén a necesidade de apoiar aos sectores que están soportando maioritariamente o peso desta crise, é dicir, a hostalería e o pequeno comercio.
mércores, 20 xan 2021
O rexedor emprazou aos representantes a traballar durante unha semana cos concelleiros de Comercio, Festas, Turismo e Alcaldía para elaborar unha plataforma que o Concello elaborará e financiará.