Escoitar

Caballero recibe á nova asociación Vigocomercio e avanza a creación dunha plataforma de compras

O rexedor emprazou aos representantes a traballar durante unha semana cos concelleiros de Comercio, Festas, Turismo e Alcaldía para elaborar unha plataforma que o Concello elaborará e financiará.

mércores, 20 xan 2021
Reunión Vigocomercio.
Reunión Vigocomercio.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este mércores unha xuntanza cos responsables de “Vigocomercio”, unha nova federación de comercio e hostalería de Vigo, aos que lle deu a benvida e emprazou a traballar de forma conxunta de forma inmediata.

Na reunión estiveron presentes Raúl Fontán, xerente da nova asociación, e os presidentes de comerciantes das zonas do Calvario, Náutico, Teis, Torrecedeira, Camelias Pi e Margall, Bouzas e Zona Centro. “Feliciteinos pola decisión, é moi boa unha asociación de este tipo e envergadura, ofrecinlles apoio e traballo conxunto, xa falamos de cousas concretas, como a plataforma de compra e venda que o Concello está elaborando e vai moi avanzada”, dixo.

O rexedor emprazou aos representantes a traballar durante unha semana cos concelleiros de Comercio, Festas, Turismo e Alcaldía para elaborar unha plataforma que o Concello elaborará e financiará.

Ademais, o alcalde indicou que puxo no coñecemento dos colectivos que o Concello “avala sen condicións” o modelo Valencia para entregar axudas á hostalería e pequeno e mediano comercio. “Vigo acepta o modelo Valencia, as CCAA poñen unha cifra, deputacións e concello os completa. A Xunta ten que enviar inmediatamente os recursos para facer a convocatoria pública e repartilos”, sinalou.

Descargar todas as imaxes