mércores, 20 xaneiro 2021

O alcalde destaca o “ambicioso” programa de Vigocultura e garante que non se cancelará ningún espectáculo

mércores, 20 xan 2021

Abel Caballero asegurou que, no peor dos casos, a programación do auditorio municipal do Concello sería trasladada, nunca cancelada, seguindo o mesmo principio aplicado no 2020: “Mantemos aberta a cultura”. Entre febreiro e abril, o Concello programa 22 espectáculos distintos, para público familiar e adulto, con teatro, danza, monicreques e circo.

O rexedor eloxia “De Polo a Polo” como espazo de reflexión sobre a natureza e o planeta

mércores, 20 xan 2021

Abel Caballero participou este mércores na rúa Príncipe na inauguración da exposición “De Polo a Polo” da Fundación “la Caixa” que amosa 52 imaxes de espazos naturais da Terra, que permiten viaxar desde o Ártico ata a Antártida. O rexedor felicitou ao director territorial noroeste de CaixaBank, Mark Arthur Benhamou, polo “alto valor simbólico, contido e mensaxe” da mostra e agradeceu o labor que desenvolve a entidade en Vigo, tanto no ámbito económico como de apoio no eido social e cultural.