Escoitar

O Concello de Vigo ten 28 licitacións en tramitación por valor total de 15 millóns de euros

Un total de 28 contratos por valor de 15 millóns de euros están neste momento en fase de presentación de ofertas no Concello de Vigo. O alcalde explicou este mércores que se trata dun “caso único” en España polo nivel de actuación en favor da xeración de emprego e o fomento da economía na cidade.

mércores, 20 xan 2021
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores en rolda de prensa das licitacións que ten en marcha actualmente o Concello. “Hai un traballo masivo de contratación de obras para xeración de emprego e lanzamento da economía na cidade”, sinalou.

O rexedor explicou que os contratos en fase de presentación de ofertas suman máis de 15 millóns de euros. “A día de hoxe hai 28 contratos en licitación, é un caso único, non hai ningún concello en España que teña este nivel de actuación”, indicou.

Entre os contratos destacou as obras de "Humanización da rúa Hispanidade, entre Zamora e Pintor Colmeiro” (771.577 euros), o Servizo de desbroce e limpeza de biomasa vexetal en fincas con risco de incendio (525.000), a construción de beirarrúas no Camiño da Pomba (153.000), o proxecto de "Construción de beirarrúas na estrada da Balsa – Matamá” (206.000), a construción de beirarrúas na Estrada da Venda” (269.358), a Humanización da rúa Taboada Leal, entre a rúa ronda de Don Bosco e a rúa Venezuela” (565.000), Renovación das redes de saneamento e abastecemento na rúa Serafín Avendaño, entre Areal e a rúa Rosalía (286.000), Humanización das rúas Julia Minguillón e Vista Alegre (1.070.668), Proxecto de cubrición do patio do colexio Balaídos (397.485), Melloras do firme en distintos viais no Concello de Vigo (1.300.000), Humanización da rúa García Barbón, entre a rúa Rosalía de Castro e a rúa Isaac Peral (2.197.043), Reforma da instalación de iluminación pública no Parque de Castrelos (622.680), Xestión da escola infantil municipal “Navia”: (1.197.382) e a conexión peonil entre as rúas Serafín Avendaño e Vía Norte no Concello de Vigo (1.202.971).

Descargar todas as imaxes