O alcalde propón no Consello Interterritorial dar prioridade tamén ao servizo de fogar no plan de vacinación
Abel Caballero trasladou tamén a necesidade de apoiar aos sectores que están soportando maioritariamente o peso desta crise, é dicir, a hostalería e o pequeno comercio.
O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, defendeu a importancia de incluír ao persoal do servizo de atención no fogar como prioritario no plan de vacinación contra o coronavirus, xa que son profesionais que atenden a persoas vulnerables.
Así o explicou este xoves tras asistir o día anterior ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Caballero trasladou tamén a necesidade de apoiar aos sectores que están soportando maioritariamente o peso desta crise, é dicir, a hostalería e o pequeno comercio.
Neste punto, o ministro de Sanidade, Salvador lla, lembrou no seo da reunión que as comunidades autónomas recibiron fondos para cubrir as necesidades destes sectores. Neste comité estaban presentes o ministro de Sanidade así como os responsables sanitarios de tódalas Comunidades Autónomas.
Axudas hostalería
Ademais, o alcalde reiterou o seu apoio ao “modelo Valencia sen condicións” e pediu de novo á Xunta de Galicia que aporte 25 millóns de euros para a hostalería e comercio de Vigo, de forma que o abra a convocatoria pública e faga chegar os axudas.