Escoitar

Vigo adianta ao mércores o acendido de Nadal polas malas condicións climatolóxicas

Abel Caballero anunciou esta mañá que o acendido de Nadal adiántase ao mércores 2 de decembro ás 20,00 h debido ás malas condicións climatolóxicas previstas para o xoves 3 de decembro, data escollida inicialmente. En rolda de prensa, reiterou á cidadanía a indicación de seguir o acto en directo a través dos medios de comunicación dado que a rúa Policarpo Sanz -na que está a gran árbore -estará acotada á un máximo de 50 persoas.

luns, 30 nov 2020

O acendido de Nadal será o mércores 2 de decembro dada a mala perspectiva climatolóxica prevista para o xoves, data inicialmente elixida. Deste xeito “adiántase 24 horas o comezo do Nadal no planeta, que arranca sempre cando se ilumina Vigo”. En rolda de prensa, Caballero insistiu na mensaxe de que a cidadanía non acuda ao acto ao que só asistirán algúns representantes de asociacións de veciños, ata un máximo de 50 persoas, aforo máximo que se establecerá na rúa Policarpo Sanz, onde está a gran árbore de Nadal. A indicación nesta ocasión é seguir o acendido en directo a través dos medios de comunicación. Trátase, dixo, dun Nadal distinto no que a cidade non recibirá o turismos dos anos pasados, senón que será unha celebración máis centrada en Vigo, para o goce dos nenos e nenas e con seguridade Covid 1.000 x100.

 

 

 

Descargar todas as imaxes