O obradoiro de emprego Vigo Capacita VI formará a 25 alumnos durante nove meses
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves as bases para seleccionar ao equipo directivo e aos alumnos-traballadores do obradoiro de emprego “Vigo Capacita VI”. O importe total é de 421.947 euros e todos os seleccionados saen das listas do INEM.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informo este venres en rolda de prensa da aprobación en Xunta de Goberno Local das bases reguladoras do proceso selectivo do equipo directivo e do alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “Vigo Capacita VI” cun importe total de 421.947 euros.
Segundo explicou o rexedor, 346.946 euros serán para financiar os custes de formación profesional para o emprego e os gastos salariais derivados dos contratos de traballo que se firmen co alumnado. Ademais, outros 30.000 euros serán para incentivar a que as empresas contraten al alumnado e haberá outros 45.001 euros de achega municipal.
O obradoiro permitirá facer 25 contratos, procedentes dos servizos públicos de emprego: 20 alumnos/traballadores (10 de Cociña e 10 de Servizos de restaurante) e 5 de equipo directivo (1 director/a, 1 titor/a, 1 administrativo/a e 2 expertos docentes). Todos os contratos serán por nove meses.
Axudas de emerxencia
Ademais, o alcalde informou de que o Concelle concedeu na comisión celebrada este xoves outras 48 axudas adicionais de emerxencia por importe de 9.600 euros. En total, desde marzo, xa foron aprobadas 10.870 axudas por importe de 1.500.859,18 euros.
Por outra banda, a día de hoxe nos albergues da cidade hai aloxadas 75 persoas: 38 no albergue municipal de Marqués de Valterra, 12 na Fundación Santa Cruz e 25 en hostais e hoteis.