Vigo acenderá o alumeado de Nadal o vindeiro xoves e establecerá medidas especiais para unha mobilidade peonil con seguridade
O alcalde anunciou este venres que o vindeiro xoves 3 de decembro, ás 20:00 horas, procederase ao acendido do alumeado de Nadal de forma presencial na árbore de Policarpo Sanz e sen apertura ao público. Caballero tamén explicou que o Concello tomará medidas especiais para facilitar a mobilidade peonil e cumprir a normas de seguridade covid.