Escoitar

A Porta do Sol e o MARCO acollerán os actos do Día Mundial da Loita contra o Sida

A Porta do Sol e o Museo de Arte Contemporánea de Vigo acollerán este martes, 1 de decembro, a celebración do Día Mundial da Loita contra o Sida. Abel Caballero presentou este luns en rolda de prensa os actos que organiza a Asociación Gallega de Afectados por VIH (Agavih).

luns, 30 nov 2020
Rolda de prensa.
Rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Asociación Gallega de Afectados por VIH (Agavih), Cándida Álvarez; e a coordinadora de proxectos de Agavih, Silvia D’Imperio, presentaron este luns no salón de plenos do Concello de Vigo os actos que se celebrarán mañá, 1 de decembro, con motivo do Día Mundial da Loita contra o Sida.

Baixo o lema “Hoxe máis que nunca”, a Porta do Sol acollerá este martes (11:00 horas) unha proxección en pantalla LED e a lectura do manifesto. Ademais, os asistentes acudirán con máscara co lazo vermello como mostra de apoio aos obxectivos rexionais, nacionais e internacionais para frear a pandemia do VIH.

Ademais, a Asociación Pvlse LGTBIQ+ proxecto durante todo o día no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) a acción “Carrying” de Pepe Espaliú (Cortesía da Galería Pepe Cobo) e as tres fotografías gañadoras do certame de fotografía de Cesida (Coordinadora estatal de VIH y Sida).

Na pantalla da ciberfuente da rúa Rosalía de Castro emitiranse imaxes con motivo da conmemoración e xa pola noite as fontes de Jenaro de la Fuente iluminaranse en vermello.

Descargar todas as imaxes