Abel Caballero visita xunto ao ministro Salvador Illa a empresa que fabrica a vacina contra o Covid-19
O alcalde de Vigo visitou este xoves, xunto ao ministro Salvador Illa, o grupo Zendal en O Porriño, onde se fabrica a vacina contra o Covid-19 que estará dispoñible no prazo de seis meses. “Xa temos horizonte a todo este esforzo, sabemos que vai ter un final satisfactorio e pronto, temos que utilizar o sentido común e a prevención”, sinalou o alcalde.
“Quedan seis meses para ter unha vacina efectiva, xa temos horizonte a todo este esforzo, sabemos que vai ter un final satisfactorio e pronto, polo que hai que utilizar o sentido común e a prevención”. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves as instalacións da empresa Biofabri, fundada en Vigo e con sede do Grupo Zendal en O Porriño, xunto ao ministro de Sanidade, Salvador Illa.
O alcalde valorou na comparecencia de prensa a importancia dos avances que leva a cabo a compañía herdeira do grupo Astra Zéneca. “Están preparados para fabricar vacinas para todo o planeta, é unha das grandes fábricas do mundo e está aquí”, sinalou.
Caballero insistiu na necesidade de manter as medidas de seguridade e cumprir as normativas marcadas polas autoridades sanitarias ata que estea dispoñible a vacina.
Tras a rolda de prensa, o rexedor vigués asistiu á convocatorio do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para manter unha xuntanza telemática na que o responsable autonómico tiña previsto informar das novas medidas tomadas e da evolución da pandemia na cidade e na súa área metropolitana.