xoves, 12 mar 2015
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) xunto coa Associaçao dos Profissionais Técnicos Superiores de Educaçao Social de Portugal (Aptses) organiza o I Encontro Luso-Galaico da Educación Social. Terá lugar en Vigo os vindeiros días 14 e 15 de marzo no Museo Verbum (Casa das Palabras).
xoves, 12 mar 2015
Abel Caballero participou este xoves da proposta, organizada pola Asociación Galega de Glaucoma coa colaboración do Concello, a través da Policía Local, impulsada co obxectivo de concienciar á cidadanía da necesidade de facer revisións oculares. Axentes nun vehículo poderán experimentar a vista con glaucoma cunhas gafas especiais, percorrendo un circuito habilitado na Praza do Rei.
venres, 6 mar 2015
Tal e como informou este venres Abel Caballero, o goberno local aprobou a concesión de subvencións a AFAN, Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres e a Fundación Casa da Caridad por un importe total de 270.120 euros. O alcalde recordou que, nos últimos tres anos, as dotacións do Concello para comedores, bolsas de comedor escolar e organizacións sociais pasaron de 1,5 a 4,1 millóns.
xoves, 26 feb 2015
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá a inclusión dos afectados polo síndrome de Asperger nas terapias asistidas con cans que se prestan desde o Concello. Deste xeito, o rexedor atendeu a petición que lle trasladou esta mañá a responsable do colectivo de afectados en Vigo.
mércores, 25 feb 2015
O Concello deu luz verde ás bases reguladoras do servizo de bonotaxi para persoas afectadas por graves deficiencias na súa mobilidade e que non poden usar transporte público. O importe da partida é de 25.000 euros.
luns, 16 feb 2015
O goberno local aprobou unha modificación das Bases do Programa municipal de axudas extraordinarias, dotado con 2 millóns de euros, para que sexan compatibles coas achegas para vivenda que ven de ofertar a Xunta. O rexedor insistiu na importancia deste programa para vivenda, subministros e alimentación.
xoves, 12 feb 2015
Tras unha reunión celebrada este xoves cos responsables de Aspanaex, o alcalde asegurou a colaboración do Concello no proxecto da entidade, que precisa con urxencia un novo piso co dobre de tamaño do actual para atender ás necesidades dos seus usuarios. Caballero recordou que o PXOM reserva ademais unha parcela en Castrelos para habilitar unha residencia permanente para Aspanaex.
mércores, 11 feb 2015
Abel Caballero amosou a súa vontade de cooperar cos actos que a Fundación Menela organizará o próximo día 9 de marzo, con motivo do Día Mundial do Autismo. Logo de manter un encontro cos responsables da entidade, o rexedor cualificou de exemplar e moi estimulante a labor que realizan con as persoas que paceden esta enfermidade.
martes, 3 feb 2015
O alcalde de Vigo reiterou esta mañá o apoio do goberno local para que os usuarios da San Francisco poidan seguir acudindo ao centro de Coia. Así llo trasladou aos responsables da Asociación aos que tamén lles garantiu o apoio municipal para organizar un ano máis o campionato de natación de Special Olimpics nas instalacións de O Carme.
venres, 2 xan 2015
As primeiras decisións do goberno local neste 2015 pasan por aprobar un investimento de 2,5 millóns de euros para política social. Concretamente, detallou o rexedor, deuse luz verde ao dous millóns de euros para o Programa Municipal de achegas extraordinarias a familias e a preto de medio millón de euros para axudas de emerxencia.