O programa municipal "Unha bici, un sorriso" supera as mil bicicletas doadas
O Concello e A Golpe de Pedal organizan esta actividade que, dende o ano 2002, leva recollidas máis dun milleiro de bicicletas para as familias viguesas con menos recursos. O alcalde anunciou que no vindeiro mes de abril Vigo contará cun carril bici que percorrerá toda a cidade para promover o uso deste medio de transporte.
Abel Caballero presentou esta mañá o programa solidario "Unha bici, un sorriso" que organiza o Concello e a A Golpe de Pedal para distribuír bicicletas entre as familias con menos recursos e animou a todas as persoas que teñan unha en desuso a que participen nesta iniciativa que "mellora a calidade de vida da infancia e promove o uso da bicicleta".
"Unha bici, un sorriso" conta coa colaboración da Fundación Celta e de Targobank así como diferentes tendas e talleres de Vigo como ANCA, BICITOTAL, BICIOCON, CROMOLY, GALICIA EN BICI, GONZALO AGUIAR, NBIKE, NORBIKE, TREK, XTREMBIKE, SPORT PASION, VIGO BIKE e DURÁN BIKE a quen o alcalde recoñeceu a súa participación nun proxecto destas características que, amais da faceta solidaria, serve para promover o deporte, adiantando que "no mes de abril haberá un carril bici que atravesará todo Vigo".
Segundo explicou o rexedor, aquelas persoas que teñan unha bici que non usen poden entregala nas tendas colaboradoras e, despois do seu arranxo de balde por parte destas, A Golpe de Pedal recólleas nun vehículo municipal e deposítaas no parque central do Concello. O goberno local repartirá as bicis entre as asociacións que traballan con familias en situación de exclusión social e do programa "Infancia en familia", a través dos traballadores sociais que farán un estudo previo das necesidades. O teléfono municipal 010 dispón de toda a información para quen queira sumarse ao programa.
Durante a presentación, Alejandro Costa de A Golpe de Pedal, explicou que aínda que o programa está aberto todo o ano, o Nadal é unha época especial para o reparto das bicicletas e sinalou que dende o ano 2002 no que comezou "Unha bici, un sorriso" xa se superaron as 1.000 bicicletas recollidas, das que máis dun 80% se recuperaron para seren entregadas aos nenos e nenas viguesas, o que demostra a "vontade de colaboración" da cidadanía con esta iniciativa solidaria.
Descargar todas as imaxes