Caballero invita á cidadanía a comprobar a súa visión tridimensional na carpa instalada polo Día Mundial da Optometría

martes, 14 out 2014

O alcalde felicitou ao Colexio de Optometristas de Galicia, que ten instalada durante este martes unha carpa informativa en Príncipe con Velázquez Moreno para conmemorar o Día Mundial da Optometría, adicada este ano á visión en 3D. Tanto hoxe na carpa como toda a semana nas ópticas, a evalución é gratuita para quen desexe acudir.

O goberno de Vigo outorga 1,8 millóns a 1.250 beneficiarios para axudas á vivenda, enerxía e alimentos

mércores, 8 out 2014

O alcalde informou este mércores da resolución da convocatoria de axudas extraordinarias para familias, que beneficiará a 1.253 solicitantes. Máis de 900.000 euros serán para pagos de hipoteca ou aluguer, 204.000 euros para electricidade e gas e outros 695.000 euros van destinados á adquisición de alimentos. As cantidades a percibir varían en función dos ingresos, o número de membros da unidade de convivencia e de ter ou non hipoteca ou aluguer.