martes, 21 abr 2015
Abel Caballero asinou este martes sendos convenios polos que o Concello de Vigo achega un total de 26.000 euros para subvencionar a contratación dun intérprete de lingua de signos para a Asociación de Persoas Xordas de Vigo. O alcalde indicou que esta axuda "forma parte do apoio habitual que lle damos a esta Asociación, coa que estamos colaborando desde hai oito anos".
mércores, 15 abr 2015
O alcalde rubricou este mércores sendos acordos de colaboración polo que o goberno de Vigo achega ao Banco de Alimentos 86.000 euros -ao que se engaden outros 40.000 euros para sufragar o seu local, segundo apuntou Caballero- e a Vida Digna outros 90.000 euros, para o seu comedor e centro de atención social.
mércores, 15 abr 2015
Abel Caballero e concelleiros do goberno local mantiveron este mércores unha reunión con responsables de entidades de carácter social que traballan en Vigo, institucións que practicamente so reciben apoio económico do Concello nun momento no que a demanda de atención social aumenta. O rexedor denunciou este "abandono" das administracións provincial e autonómica.
venres, 10 abr 2015
A Xunta de Goberno Local deu luz vede ás bases e á convocatoria das bolsas municipais de libros e comedor para o próximo curso escolar 2015-2016, cun investimento total do Concello próximo aos 2 millóns de euros. O obxectivo do equipo que dirixe Caballero é a concesión da axuda a todos os que o precisen e, como xa acontece neste curso, eliminar a lista de agarda.
xoves, 9 abr 2015
No marco do Día Mundial, e co obxectivo de facer fincapé na sensibilización e na prevalencia, a Fundación Menela celebrou este xoves no auditorio do Concello un evento lúdico e reivindicativo coa participación de decenas de rapaces da entidade. O alcalde, Abel Caballero, encabezou a representación institucional, xunto á tenente de alcalde, Carmela Silva, edís da Corporación viguesa e membros das administracións provincial e autonómica.
mércores, 8 abr 2015
O alcalde asinou esta mañá un convenio de colaboración de 114.000 cos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres. O obxectivo, explicou na posterior rolda de prensa, é cooperar na financiación da Casa de Acollida que esta institución xestiona en Vigo.
martes, 7 abr 2015
O alcalde de Vigo asinou hoxe martes un convenio de 46.000 euros co Comedor da Esperanza, proseguindo coas achegas a comedores sociais da cidade aos que o goberno local adica 446.000 euros. En rolda de prensa, destacou que Vigo é o concello coa política social "máis intensa" de toda España, logo de asegurar que con apoio municipal no ano 2014 servíronse 161.000 comidas nas distintas ONGs da cidade.
martes, 7 abr 2015
O alcalde deu conta esta mañá do acordo de colaboración con Érguete de 45.000 euros para financiar os pisos de apoio á reinserción de ex toxicómanos en tratamento. Destacou o compromiso do goberno local na loita contra a drogodependencia que adica a Cedro un millón de euros ao ano, a pesar de que as competencias sanitarias no son municipais, senón autonómicas. <br />
luns, 6 abr 2015
O Concello triplicou as achegas en comedores sociais, bolsas de comedor e convenios con organizacións sociais desde o ano 2012, pasando dos 1,5 a 4,1 millóns. Hoxe mesmo, Caballero asinou con AFAN un convenio por 110.000 euros e o montante total que o goberno local adica a comedores sociais ascende a preto do medio millón de euros, segundo explicou esta mañá en rolda de prensa.
venres, 13 mar 2015
Abel Caballero deu conta da subvención de 606.039,31 euros para financiar os comedores e as actividades extraescolares dos colexios públicos de Vigo. A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a un convenio con Erguete de 45.000 euros para o programa de pisos de apoio á incorporación social de drogodependientes.