xoves, 1 out 2015
A concelleira de Política Social deu a coñecer este xoves as actividades do Centro Integral de Inclusión Social e Emerxencias para o último trimestre do ano, coas que se quere dar a coñecer a problemática dos usuarios entre a sociedade viguesa. Ademais, Isaura Abelairas, adiantou que no mes de decembro o albergue vai desenvolver unha nova xornada de portas abertas para que a cidadanía poida coñecer o traballo que se desenvolve nesas instalacións.
venres, 28 ago 2015
Tras tela incrementado o pasado mes en igual contía, a partida para atender a emerxencia social das familias (alimentación, vivenda, enerxía, etc) ascende agora a 645.000 euros, tras aprobar este venres a Xunta de Goberno Local a suma doutros 100.000 euros. O alcalde de Vigo deu conta deste aumento, ademais de informar da concesión de 240.000 euros a 43 entidades para fomentar a participación cidadá e o asociacionismo.
venres, 21 ago 2015
Tras unha reunión coa dirección, o alcalde de Vigo trasladou o "apoio" municipal á entidade nas súas reivindicacións ante o goberno autonómico e afirmou que "a Xunta está obrigada a atender a San Franscisco e a garantir que os seus usuarios continúen alí se o desexan". Caballero denunciou "minusvaloración" da entidade e "desatención" por parte do goberno de Santiago.
xoves, 13 ago 2015
Segundo aseverou este xoves o alcalde de Vigo, o goberno local amplía a teleasistencia a colectivos con dificultades de audición e/ou comunicación, incluíndo no dispositivo tradicional un sistema de mesaxes de texto predefinidos. A partir de setembro estará dispoñible, avanzou Caballero.
martes, 28 xul 2015
O alcalde de Vigo recibiu este martes ao medio centenar de nenos e nenas saharauis que, durante dous meses, viven na cidade con familias de acollida, tamén presentes no acto desta mañá. Caballero explicou que o Concello de Vigo faise cargo do custo íntegro das viaxes dos pequenos, con10.000 euros de orzamento.
luns, 20 xul 2015
O alcalde visitou este luns as instalacións da Asociación San Francisco, onde o Concello de Vigo leva adiante as actividades para discapacitados no programa "Lecer de Verán", nos meses de xullo e agosto. Cun total de 210 prazas, o goberno local ofrece ademais aos usuarios o transporte de balde.
venres, 10 xul 2015
Así o comunicou este venres Abel Caballero, despois da Xunta de Goberno Local que acordou elevar en 100.000 euros os case 500.000 euros destinados a axudas de emerxencia, fundamentalmente para pagos de vivenda, suministros e alimentación. O Concello tamén aprobou hoxe o proxecto de humanización de Marqués de Valterra e deu luz verde á licitación da xestión de tres escolas infantís municipais.
xoves, 11 xuñ 2015
O alcalde asinou esta mañá un convenio de colaboración entre Concello e a Asociación Española contra o Cancro por valor de 7.000 euros. O obxectivo é realizar un programa de atención psicosocial para o doente e os familiares. A AECC, que é Medalla de Ouro da cidade, ten previsto implementar programas de intervención individual, grupal e social, actividades para o tempo de ocio, programas de voluntariado testimonial ou de inserción laboral.
mércores, 10 xuñ 2015
Máis de 2.800 familias solicitaron acceso ao Plan Extraordianario de Axudas -dotado con 2 millóns de euros- para achegas de aluguer, alimentación ou subministros. Estas cifras supoñen, segundo o rexedor, un aumento dun 40% respecto do ano pasado. <br />
martes, 9 xuñ 2015
O alcalde de Vigo asinou hoxe martes un convenio de colaboración por valor de 8.000 euros coa Fundación Menela. Segundo explicou posteriormente, en rolda de prensa, o obxectivo é desenvolver un programa de respiro familiar a cuidadores de persoas con discapacidade.