As fontes de Aragón tínguense de laranxa polo Día da Epilepsia

martes, 24 mai 2016

Este martes 24 de maio conmemórase o Día Nacional da Epilepsia e o Concello de Vigo súmase á efeméride tinguindo de laranxa as fontes da rúa Aragón a partir das 21:30 horas desta noite. Este acto simbólico quere servir para chamar a atención da sociedade sobre a enfermidade sobre a necesidade de atender ás persoas que a sofren.

Caballero anima a "seguir sendo a cidade da solidariedade e dos dereitos" na Carreira de Obstáculos para a Integración

luns, 9 mai 2016

Promovida por Aspanaex, a Fundación Abrente e o Concello de Vigo, o alcalde invitou á cidade a sumarse e participar nesta proba non competitiva do Proxecto ENKI, que loita pola integración das persoas con diversidade funcional. Co apoio da Obra Social La Caixa e fins solidarios, a Carreira será o 29 de maio no Náutico e está aberta a todos os públicos.