O Concello coopera con Alborada no seu programa de formación en agricultura ecolóxica
Abel Caballero achegouse este venres á xornada de portas abertas de Alborada no recinto de 5.000 metros cadrados que ocupa en Cotogrande, onde leva adiante o Programa Verdear, unha iniciativa de formación en agricultura ecolóxica para aqueles usuarios que se atopan en risco de exclusión social.
A Asociación Cidadá de Loita contra a Droga, Alborada, celebrou este venres unha xornada de portas abertas no seu recinto de Cotogrande, onde leva adiante o Programa Verdear, un plan de formación de usuarios en agricultura ecolóxica. Abel Caballero eloxiou este programa e valorou e agradeceu no nome da cidade o "compromiso" de Alborada.
A finca conta con 5.000 metros cadrados para o seu uso como lugar de formación en agricultura e horticultura para aqueles usuarios que se atopan en situación de desemprego, sen recursos básicos de subsistencia e en grave risco de exclusión social. O programa conta coa colaboración da Deputación e do Concello de Vigo.
O obxectivo de Alborada é dotar aos usuarios de formación en agricultura ecolóxica, para que no futuro poidan conseguir desde un emprego ata integrarse nos proxectos de hortas urbanas existentes na cidade. Os produtos colleitados revertirán nos propios usuarios, nas familias necesitadas e en institucións sociais, coa fin de paliar as posibles deficiencias alimenticias e nutricionais dalgúns segmentos da poboación.
Descargar todas as imaxes