Escoitar

O Programa municipal de axudas a familias outorga 1.454 achegas para vivenda

O alcalde detallou esta mañá que o Programa municipal de axudas a familias, dotado con 1.6 millóns, permitirá conceder 1.454 achegas para vivenda, 1.947 para alimentación e, por último, 1.898 para subministros. Os beneficiarios poderán pedir cita para recoller a súa achega a partir do mércores 5 de xullo.

venres, 30 xuñ 2017
O Programa municipal de axudas a familias -dotado con 1.6 millóns, permitirá este ano conceder 1.454 achegas para sufragar gastos de vivenda, 1.947 de alimentación e 1.898 para pagar gastos enerxéticos. Tal e como lembrou o rexedor, recibíronse 2.751 solicitudes, das que se concederon 1.947 e se denegaron 840. O Concello reserva 40.00 euros para eventuais recursos de solicitantes que, en caso de non esgotarse, súmanse ao programa contra desafiuzamentos, dotado con 842.000 euros. A inversión municipal en políticas de vivenda é de 2,5 millóns.