O goberno de Vigo concedeu onte 150 axudas de emerxencia para alimentos, enerxía e aluguer

martes, 28 abr 2015

Abel Caballero informou este martes que, no día de onte, o goberno que encabeza outorgou un total de 150 axudas de emerxencia para que familias que o precisen poidan facer frente a pagos de alimentación, enerxía eléctrica e aluguer. Dos case medio millón de euros orzamentados para o 2015, o goberno local leva gastados neste concepto 320.000 euros, polo que o alcalde adiantou que a partida será ampliada, como aconteceu no 2014.

O goberno local financia a contratación dun intérprete á Asociación de Persoas Xordas de Vigo

martes, 21 abr 2015

Abel Caballero asinou este martes sendos convenios polos que o Concello de Vigo achega un total de 26.000 euros para subvencionar a contratación dun intérprete de lingua de signos para a Asociación de Persoas Xordas de Vigo. O alcalde indicou que esta axuda "forma parte do apoio habitual que lle damos a esta Asociación, coa que estamos colaborando desde hai oito anos".

O alcalde denuncia a "ausencia de atención" de Xunta e Deputación ás entidades sociais da cidade

mércores, 15 abr 2015

Abel Caballero e concelleiros do goberno local mantiveron este mércores unha reunión con responsables de entidades de carácter social que traballan en Vigo, institucións que practicamente so reciben apoio económico do Concello nun momento no que a demanda de atención social aumenta. O rexedor denunciou este "abandono" das administracións provincial e autonómica.

O Auditorio Municipal acolleu unha xornada lúdica de concienciación sobre o autismo

xoves, 9 abr 2015

No marco do Día Mundial, e co obxectivo de facer fincapé na sensibilización e na prevalencia, a Fundación Menela celebrou este xoves no auditorio do Concello un evento lúdico e reivindicativo coa participación de decenas de rapaces da entidade. O alcalde, Abel Caballero, encabezou a representación institucional, xunto á tenente de alcalde, Carmela Silva, edís da Corporación viguesa e membros das administracións provincial e autonómica.

Caballero reivindica a Vigo como o concello coa política social "máis intensa" de España

martes, 7 abr 2015

O alcalde de Vigo asinou hoxe martes un convenio de 46.000 euros co Comedor da Esperanza, proseguindo coas achegas a comedores sociais da cidade aos que o goberno local adica 446.000 euros. En rolda de prensa, destacou que Vigo é o concello coa política social "máis intensa" de toda España, logo de asegurar que con apoio municipal no ano 2014 servíronse 161.000 comidas nas distintas ONGs da cidade.

O goberno local coopera co finanzamento dos pisos de reinserción de Érguete con 45.000 euros

martes, 7 abr 2015

O alcalde deu conta esta mañá do acordo de colaboración con Érguete de 45.000 euros para financiar os pisos de apoio á reinserción de ex toxicómanos en tratamento. Destacou o compromiso do goberno local na loita contra a drogodependencia que adica a Cedro un millón de euros ao ano, a pesar de que as competencias sanitarias no son municipais, senón autonómicas. <br />