venres, 19 mai 2017
O alcalde de Vigo asinou este venres sendos convenios de colaboración do ámbito de Políticas de Benestar, para respaldar os programas sociais da Asociación Española contra o Cancro, Alborada, Menela e da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
venres, 5 mai 2017
Ao igual que outras cidades do mundo, Vigo súmase á campaña de concienciación e visibilidade da enfermidade de Huntington e iluminará de azul e púrpura as fontes da rúa Aragón na noite deste venres, a partir das 21:30h. Así o informou esta mañá o alcalde, Abel Caballero.
venres, 28 abr 2017
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o informe emitido por Bombeiros insta ao peche inmediato do albergue da rúa Toledo porque non reúne condicións de seguridade nin para os usuarios nin para os veciños da edificación. O Concello, polo tanto, xa está a realizar os trámites precisos previos ao precintado destas instalacións.
mércores, 12 abr 2017
Abel Caballero destacou o investimento do Concello na protección das mulleres que sofren violencia de xénero cun equipo de axentes da policía local que atende actualmente a 175 mulleres e o financiamento do Centro de Atención para toda Galicia con 250.000 euros.
martes, 11 abr 2017
Concello, Fundación Abrente e Obra social "la Caixa" promoven en Vigo unha nova edición do Proxecto ENKI coa II Carreira de Obstáculos pola Integración que terá lugar o próximo 23 de abril. O prazo de inscrición xa está aberto e todos os fondos recadados irán destinados a proxectos que promoven a inclusión de persoas con discapacidade funcional a través do deporte.
martes, 11 abr 2017
O alcalde, Abel Caballero, e a edil de Benestar, Isaura Abelairas, apoiaron este martes aos representantes da Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo, entidade creada hai dous anos para avanzar na integración social, educativa e laboral do colectivo.
martes, 11 abr 2017
O alcalde asinou este martes convenios de colaboración con AFAGA, a Asociación de Persoas Xordas de Vigo, a Asociación Vida Digna e o Banco de Alimentos. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou dous proxectos de apoio a emprendedores.
venres, 7 abr 2017
O Concello de Vigo súmase á conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano coa colocación o 8 de abril dunha bandeira no edificio consistorial. Así o explicou este venres o rexedor logo de recibir o estandarte de mans de representantes de varios colectivos de etnia xitana. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano organizado en Londres en 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitanos.
venres, 31 mar 2017
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá dous convenios de colaboración con Vida Digna e con Banco de Alimentos, de 90.000 e 86.000 euros respectivamente. Tal e como explicou o rexedor, as achegas municipais a comedores sociais ascenden a 223.000 euros anuais.
xoves, 30 mar 2017
O segundo tenente de alcalde, David Regades, reiterou esta mañá o compromiso do goberno local coa tarefa que desenvolve na cidade a Fundación Menela. No acto do día mundial sobre a concienciación sobre o autismo, Regades agradeceu no nome da cidade a labor que desenvolven en favor da integración dunha parte moi importante da poboación.