luns, 15 xul 2019
Abel Caballero recibiu este luns ao decano e a vicedecana dos procuradores de Vigo e acordaron firmar un convenio polo cal o Concello e Colexio de Procuradores colaborarán ante posibles casos de desafiuzamentos na cidade. O alcalde destacou que o goberno local destinou no que vai de ano 350.000 euros a 824 familias para evitar este tipo de problemas.
venres, 12 xul 2019
Abel Caballero participou este venres na visita que realizou a raíña Sofía ao Banco de Alimentos de Vigo onde coñeceu o labor que desenvolve a entidade dende 1995. O rexedor acompañou a dona Sofía no seu percorrido polo almacén desde o que se distribúe unha media diaria de 6.000 quilos de comida e saudaron aos voluntarios que colaboran coa entidade.
venres, 12 xul 2019
Abel Caballero recibiu este venres na Alcaldía de Vigo aos representantes da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo) que organizan esta fin de semana na praia de Samil a campaña solidaria "Móllate pola Esclerose Múltiple"
mércores, 10 xul 2019
Abel Caballero avanzou a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local de subvencións a 39 entidades e asociacións de carácter social para realizar as súas actividades.
luns, 8 xul 2019
Amais, o goberno municipal mantén o programa anual de respiro familiar para que as persoas coidadoras ou as familias poidan dispoñer dun tempo de descanso.
xoves, 4 xul 2019
Segundo informou o alcalde, a Xunta de Goberno Local deste xoves aprobou subvencións ao Programa mundial de alimentos, a Médicos do Mundo e a ACNUR, ademais de achegas á Asociación Galega San Francisco e ao Banco de Alimentos. O importe total das axudas aprobadas hoxe é de 243.000 euros, salientou Caballero.
luns, 1 xul 2019
Desde o 3 de xullo ata o 31 de xullo, os interesados poden optar ás bolsas de libros e comedor escolar do Concello de Vigo, segundo informou este luns Abel Caballero. O alcalde recordou que non existe lista de agarda na convocatoria e que a partida económica total, de dous millóns de euros, será ampliada de ser necesario. <br />
mércores, 26 xuñ 2019
O Concello de Vigo validou o expediente de contratación do servizo sanitario asistencial de apoio á Unidade Asistencial de Drogodependencias, segundo informou este mércores Abel Caballero. Ademais, o goberno de Vigo aprobou unha subvención de 20.000 euros a un programa de cooperación en Perú e os convenios de apoio á Asociación Española contra o Cancro e á Fundación Menela.
xoves, 20 xuñ 2019
A Xunta de Goberno Local aprobou convenios con Afaga, Alborada, DOA e a Asociación de Persoas Xordas de Vigo, ademais dunha subvención a Unicef para un programa de axuda en Siria, decisións de "profundo" contido social que "caracterizan" a actuación do Concello, en verbas do seu alcalde.
xoves, 13 xuñ 2019
As votacións rexistradas na páxina web do Concello van en aumento e xa son 32.412 os votos rexistrados sobre a posibilidade de que nalgúns areais se limite o consumo de tabaco. Así o avanzou Abel Caballero esta mañá, engadindo que preto do 80% dos votantes avogan por eliminar o fume dalgunhas praias.