venres, 18 out 2019
"Necesitamos que o modelo de Cedro pase a ser parte da sanidade pública", apuntou Caballero na inauguración da xornada.
mércores, 16 out 2019
Por cuarto ano consecutivo, o Concello impulsa esta campaña, organizada con motivo do Día mundial do cancro de mama, e desde este xoves instalará na Porta do Sol dous contedores rosas durante dúas semanas. O vidro reciclado nestes "iglús" transformarase nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra de solidariedade contra o cancro.
luns, 14 out 2019
"Vigo por el Congo" é o nome do programa da Asociación Malembre coa que o Concello coopera para mellorar a alimentación, a sanidade e a educación do medio centenar de nenos de 6 a 11 anos que viven no orfanato de Kinshasa.
luns, 14 out 2019
Dúas empresas optan ao contrato dos servizos sanitarios asistenciais do Centro municipal para o tratamento de drogodependencias (CEDRO), segundo informou o alcalde, que sae por tres anos cun importe de licitación de 2.374.176 euros.
xoves, 10 out 2019
A Praza do Rei de Vigo acolleu este xoves o acto central do Día Mundial da Saúde Mental na cidade. Organizado polo colectivo DOA Saúde Mental, procedeuse á lectura do manifesto para centrar esta xornada na prevención do suicido baixo o lema "Conect@ con la vida". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou nos actos e mostrou o apoio do Concello para integrar socialmente ás persoas que padecen este tipo de enfermidades.
martes, 8 out 2019
O novo espazo conta con 1.500 metros cadrados en dúas alturas, cunha mega estrutura de aeronave espacial. A apertura do parque, situado a carón do instituto do Calvario, será o vindeiro venres, 11 de outubro, ás 18:00 horas.
martes, 8 out 2019
A proba celebrarase o domingo 27 de outubro no IFEVI, organizado pola Asociación Española contra a Meninxite co apoio, entre outros, do Concello. Para nenos e nenas de entre dous a cinco anos, este evento benéfico aspira a superar as 300 inscricións do pasado ano, cos fondos recadados destinados integramente á difusión e apoio de afectados pola enfermidade.<br />
venres, 4 out 2019
A xornada está organizada por Cedro, a Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo.
xoves, 3 out 2019
Vigo acollerá o vindeiro domingo, 6 de outubro, a 36 Marcha Aspanaex co obxectivo de recadar fondos para a nova residencia que ofertará prazas en Coia. O alcalde participou na presentación da carreira solidaria e animou aos vigueses a participar para superar os 3.000 participantes.
luns, 23 set 2019
O goberno local fará efectivas as achegas incluídas dentro do chamado "Cheque social" do que se beneficiarán 1.612 familias cun importe total de axudas que se eleva ao 1,6 millóns. O xoves comezará a entrega das tarxetas de alimentación e o venres realizaranse as transferencias para o pago de subministros, alugueiro ou hipotecas.