O Concello súmase ao Día Mundial da Conciencia sobre o Autismo
Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar” a Fundación Menela convida á cidadanía a reivindicar a educación e o emprego para as persoas con autismo.

O alcalde sumouse este xoves á petición feita desde a Fundación Menela para que a cidadanía faga o xesto da súa campaña, sostendo unha ferramenta ou utensilio de traballo, e que suba os vídeos ou fotografías ás redes sociais co hashtag #DiaMundialAutismo #fundacionmenela.
Cun bolígrafo na man, Abel Caballero sinalou que o Día Mundial da Conciencia sobre o Autismo conmemórase este ano baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar” reivindicando a educación e o emprego para as persoas con autismo.