Escoitar

A Biblioteca Neira Vilas celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil nas redes sociais

Ante o peche das instalacións por mor do estado de alarma, a Biblioteca convida ás súas seguidoras e seguidores nas redes sociais a compartir imaxes deste 2 de abril e de como a literatura rodea as nosas vidas.

xoves, 2 abr 2020

 

O alcalde explicou este xoves que a celebración deste ano será diferente, dado o confinamento da poboación, polo que a Biblioteca Municipal Neira Vilas celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil de modo virtual, convidando ás seguidoras e seguidores das súas redes sociais a compartir imaxes relacionadas coa xornada e sobre como a literatura infantil e xuvenil rodea a nosa vida. Así, propoñen o envío de fotos do entroido con disfraces de personaxes de contos, fotos no lugar favorito dos nenos para ler, xoguetes, debuxos, contos…

Ademais, durante o período de confinamento, a Biblioteca comparte información e actividades de formación, ocio e diversión tanto na súa web como nas redes sociais propoñendo, por exemplo, listas temáticas de películas, concertos ou documentais para dar a coñecer o fondo que integra a plataforma E-FILM Vigo e facilitar a busca aos usuarios. Comparten tamén contacontos, haikus enviados polas persoas seguidoras e algunhas propostas da web municipla ConfinArte.