Vigo investirá 370.000 na renovación do saneamento de Jacinto Benavente
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de mellora da rede de saneamento da rúa Jacinto Benavente. Os traballos prolongaranse durante seis meses e contan cun orzamento de 370.000 euros.
O alcalde deu conta esta mañá da aprobación do proxecto de mellora do saneamento da rúa Jacinto Benavente co que se prevé solucionar os problemas de capacidade da rede ante episodios de fortes precipitacións, causando inundacións no contorno. Está previsto que esta actuación anule o treito final do colector que actualmente discorre baixo o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, o que estaba a dificultar as labores de mantemento. O proxecto conta cun orzamento de case 370.000 euros e un prazo de execución de seis meses.