O goberno local mantén operativas as actividades esenciais que garanten a prestación de servizos
Segundo determina o Real Decreto aprobado polo Goberno Central o 29 de marzo, o Concello mantén activas as actividades esenciais precisas para atender á cidadanía e garantir a prestación de servizos. O rexedor deu conta desta relación na súa comparecencia diaria.
O rexedor detallou esta mañá as actividades esenciais que o Concello está a manter para atender á cidadanía e garantir os servizos, segundo determina o o Real Decreto 10/2020 do 29 de marzo. Policía Local; Bombeiros; Protección Civil; recollida de lixo; servizos sociais (axuda a domicilio e teleasistencia); limpeza viaria; retén de urxencia para reparación de viais e espazos públicos; servizos mínimos de sinalización e grúa (para retirar vehículos que obstaculicen); servizo de auga e rede de abastecemento; alumeado público; desinfección; cemiterios; transporte; aparcamentos (hai aboados que teñen que entrar e saír); atención a animais e administración electrónica (atención telefónica e telemática). Ademais, engadiu, segue funcionando en modo remoto (coa mínima actividade presencial): intervención, tesourería, contratación, secretaría, rexistro e máis o servizo médico.
Finanzas
O alcalde confirmou esta mañá que o Concello non ten neste momento facturas pendentes de pago, porque “somos unha administración solvente que pagamos en 11 días”. “Vigo non ten unha sola factura no caixón”, engadiu, cando outros moitos municipios non son capaces de cumprir cos seus acreedores.