xoves, 2 abr 2020
O alcalde informou este xoves da aprobación definitiva do Plan municipal de prevención e defensa contra os lumes forestais, que incorpora as 29.971 parcelas que delimitan a rede secundaria de xestión da biomasa e teñen que estar libres de maleza. O Concello prevé adicar 300.000 euros anuais á adecuar estes espazos.
xoves, 2 abr 2020
Abel Caballero informou este xoves de que o Concello de Vigo construirá un gran paseo entre a rúa Tomás Paredes e Samil ao longo da Avenida de Europa. A nova infraestrutura terá un ancho de sete metros para peóns e bicicletas. Ademais, modifícase tamén a conexión do carril bici coa Vía Verde en Mestre Chané.
xoves, 2 abr 2020
Abel Caballero deu conta das inspeccións realizadas polos axentes onte mércores, con 1.074 controis que se saldaron con 38 denuncias. Insistiu o alcalde en que “imos seguir advertindo á cidadanía da importancia do confinamento” na loita contra o coronavirus.
xoves, 2 abr 2020
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de mellora da rede de saneamento da rúa Jacinto Benavente. Os traballos prolongaranse durante seis meses e contan cun orzamento de 370.000 euros.
xoves, 2 abr 2020
Ante o peche das instalacións por mor do estado de alarma, a Biblioteca convida ás súas seguidoras e seguidores nas redes sociais a compartir imaxes deste 2 de abril e de como a literatura rodea as nosas vidas.
xoves, 2 abr 2020
Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar” a Fundación Menela convida á cidadanía a reivindicar a educación e o emprego para as persoas con autismo.