O Concello entrega a Povisa e Vithas Fátima os contedores doados por Contenur para residuos hospitalarios
Abel Caballero informou este mércores de que xa se fixo a entrega a Povisa e a Vithas Fátima dos contedores para residuos hospitalarios doados pola empresa Contenur. Ademais, informou da doazón de comida por parte de tres empresas que queren permanecer no anonimato.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores en rolda de prensa da entrega ao centros médicos Povisa e Vithas Fátima dos contedores doados por Contenur para residuos hospitalarios.
O rexedor explicou que os contedores levan un sistema de peche que manexa o operario e foron especificamente fabricados para Vigo. Vithas Fátima recibiu un total de 30 unidades e outras 12 para Povisa. Os hospitais públicos rexeitaron o ofrecemento.
Doazón de alimentos
Por outra banda, o alcalde avanzou que a cidade recibiu a doazón de 10.000 quilos de froita, 2.000 litros de leite e 2.000 yogures. Engadiu que os alimentos chegaron nun tráiler e foron aportados por tres empresas que queren permanecer no anonimato. Tamén agradeceu as numerosos achegas de outras compañías e particulares.
Entre elas citou a Agustina Amoedo, Hotel VienVigo, Pescanova, Peña del Celta, Merchi Vázquez Fernández, Frutas San Román, Celso Alonso, Inés Escribano (colchón, edredón, colcha), Vicente Ferrer (somieres, colchón), Vanesa González (materiais papelería), Inmaculada Catias (colchón), Anónimo (colchón, somier), Ana María Couce (camas, colchós, sábanas), Industria Relaz (50 colchonetas), Mercedes Gozalo (ofrece preparar comidas), José Antonio Gómez (somier, colchón, ropa), Industrial Ceralim (3000 fregonas), Asociación contra el cáncer (psicólogos), Kebel Logistic (flota de vehículos), Adicam (psicología), Fundación Amigó (equipo de psicólogos), Halcourier (servizos transporte) e Colexio Balaídos (impresora 3D do centro).
Denuncias
Ademais, o alcalde informou de que este martes a Policía Local impuxo 32 propostas de sanción para persoas que non cumprían co decreto de alarma. Ademais identificou a 633 e 1.060 vehículos. “Dos 1.060, todos cumprían co decreto de alarma”. Así, desde o 16 de marzo, a Policía Local sancionou a 541 persoas que ían pola rúa infrinxindo o confinamento. “E queremos chegar a cero”, apuntou.