Escoitar

A Policía Local tramitou este luns 46 sancións e controlou 776 vehículos

Desde o 16 de marzo, os axentes impuxeron 509 denuncias por incumprimentos do estado de alarma. O alcalde lembra que “temos que estar confinados na casa e saír o menos posible”.

martes, 31 mar 2020

 

Os controis realizados este luns pola Policía Local para garantir o cumprimento do Real Decreto do estado de alarma deixan un balance de 46 sancións a persoas, 775 vehículos controlados e 18 advertencias verbais, segundo detallou Abel Caballero.

A Policía denunciou a varias persoas por estar na vía pública sen xustificación como dúas persoas na Porta del Sol consumindo cervexas, unha persoa en patinete percorrendo a cidade e advertiu a unha ferraxería aberta que seguía exercendo a actividade. Así, desde o 16 de marzo a Policía Local impuxo 509 denuncias.

O alcalde lembrou a importancia de respectar o estado de alarma “temos que estar confinados nas casas e saír o menos posible” e apuntou que a Policía está cumprindo coa súa función esixindo a acreditación ás persoas e coches que circulan pola rúas da cidade porque “ten que haber illamento”.