O Concello repartiu axudas de emerxencia a case 1.800 familias por valor de 145.000 euros
Abel Caballero informou este luns de que o Concello de Vigo xa atendeu a case 1.800 familias para proporcionarlles todo tipo de axudas de emerxencia ante a crise do Covid-19. O valor total é de 145.000 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que o Concello de Vigo xa repartiu, desde o inicio da crise do Covid-19, un total de 1.796 axudas de emerxencia. Entre elas están 1.033 becas de comedor, 541 tarxetas de alimentos, 111 facturas de aluguer e hipotecas, 41 de auga, 5 de comunidades, 23 de farmacia e 49 de luz e gas.
As axudas de emerxencia son aprobadas todos os días no comité local de seguimento da pandemia do Covid-19 e susceptibles de incrementarse en función das necesidades que chegan ao Concello de Vigo.