Escoitar

O Concello construirá un gran paseo na Avenida de Europa para bicicletas e peóns

Abel Caballero informou este xoves de que o Concello de Vigo construirá un gran paseo entre a rúa Tomás Paredes e Samil ao longo da Avenida de Europa. A nova infraestrutura terá un ancho de sete metros para peóns e bicicletas. Ademais, modifícase tamén a conexión do carril bici coa Vía Verde en Mestre Chané.

xoves, 2 abr 2020
Proxecto para a Avenida de Europa.
Proxecto para a Avenida de Europa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves de que a Xunta de Goberno Local aprobou un modificado no contrato do proxecto do carril bici por un importe de 196.000 euros.

“Queremos mellorar o trazado e dar seguridade tanto a ciclistas como a peóns”, sinalou o rexedor nunha videoconferencias cos medios de comunicación. Caballero explicou que o obxectivo é mellorar a conexión na rúa Mestre Chané con Vía Verde e continuar nos pasos xa iniciados para estender a mobilidade en bicicleta.

“A época da contaminación acabouse para sempre, non podemos ter os fungos contaminadores enriba de Vigo, o carril bici é tamén ocio”, sinalou.

Ademais, o alcalde explicou que entre Samil e Tomás Paredes, ao longo da Avenida de Europa, cambiará o trazado proxectado para o carril bici, posto que agora se vai a construír un gran paseo. Terá un ancho de sete metros e pasará a ser unha gran avenida peonil.

“Xa estamos con iso, farase como parte do plan de ordenación municipal e significará unha gran mellora para a cidade”, concluíu Caballero.

Descargar todas as imaxes