xoves, 30 xan 2020
O Concello atende ás persoas sen teito con dúas unidades de rúa que percorren a cidade facilitando información sobre os albergues municipais e distribuíndo mantas e bebidas quentes. Este servizo compleméntase co Programa Sereos, que facilita xeringas e produtos de hixiene.
mércores, 29 xan 2020
A moción foi presentada pola concelleira de Benestar, Yolanda Aguiar, quen indicou que Vigo conta con menos dunha praza por cada 100 maiores de 65 anos, cando a OMS recomenda cinco prazas. O Pleno acordou instar á Xunta de Galicia a construír residencias e a paliar unha lista de agarda que supera os 15 meses.
luns, 27 xan 2020
A concelleira Yolanda Aguiar animou este luns a toda a cidadanía a acudir o vindeiro día 1 de febreiro ao Auditorio Mar de Vigo para asistir á sétima edición do Festival Musical Familiar Benéfico no que se representará a obra "O Mago de Oz". Organizado pola Asociación Aboal terá un carácter solidario en favor dos colectivos Banco de Alimentos e Harambee.
xoves, 16 xan 2020
Abel Caballero, quen destacou que é a primeira vez que se aproba a convocatoria en xaneiro, explicou que o Concello adica 2,5 millóns á loita contra os desafiuzamentos: 1,5 millóns nesta convocatoria extraordinaria e outro millón para axudas ao longo do ano. No 2019 se beneficiaron do "cheque social" 1.612 familias. <br />
xoves, 2 xan 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases e a convocatoria do programa de loita contra os desafiuzamentos con axudas para vivenda, alimentos e subministros e deu luz verde á subvención de actos organizados por asociacións veciñais e culturais.
mércores, 18 dec 2019
O próximo 23 de decembro o colectivo de taxistas volverá poñer en marcha "unha gran iniciativa solidaria" que permitirá a 180 persoas maiores gozar das luces de Nadal. Serán 50 os vehículos que participarán nunha marcha que este ano alcanza a súa terceira edición.
martes, 17 dec 2019
A sétima edición do evento programa cinco xornadas de música en directo no Auditorio de Teis, La Fábrica de Chocolate, Reserva Rock, Sala Master e Sala Transilvania co obxectivo de recadar alimentos e fondos para AFAN.
martes, 17 dec 2019
A concelleira de Política de Benestar Social, Yolanda Aguiar, denunciou "a campaña de publicidade e propaganda" da administración autonómica con "proxectos pantasma" na cidade e alerta dos recortes en sanidade, poñendo como exemplo o Centro de Saúde de Bouzas.
venres, 13 dec 2019
Abel Caballero adiantou este venres que o goberno de Vigo decidiu reforzar a atención municipal ás persoas sen teito esta fin de semana, dada a previsión climatolóxica adversa, ofrecéndolles cama nos albergues e con máis presenza da unidade de rúa.
martes, 10 dec 2019
O Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) celebra este martes o seu tradicional Festival de Nadal coa visita do alcalde de Vigo. O Concello dedicará o vindeiro ano un total de 6,3 millóns de euros, mentres que outros servizos coma Cedro ten asignado no Orzamento outros 800.000 euros.