luns, 18 mar 2019
O concelleiro Cayetano Rodríguez presentou xunto á presidenta da entidade, Teresa Galisteo, e ao tesoureiro, a web coa que promoven a captación de fondos para a construción da súa residencia en Coia, que terá 58 prazas.
mércores, 27 feb 2019
A moción, presentada por Marea de Vigo, insta ao Goberno autonómico a limitar a apertura das casas de apostas físicas e ao Goberno do Estado a regular a publicidade desta actividade para protexer ao público infantil e xuvenil.
venres, 22 feb 2019
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a continuidade do coñecido como servizo de canguro municipal que o ano pasado foi utilizado por 76 familias con máis dun centenar de menores a cargo. Abel Caballero destacou tamén a prórroga doutros servizos como os de dinamización infantil, persoas adultas e mulleres.
xoves, 14 feb 2019
Abel Caballero informou este xoves da aprobación das bases e convocatoria do coñecido como cheque social, 1.640.000 euros en axudas para pagos de vivenda, enerxía e alimentación para familias con escasos recursos. Ademais, outros 842.00 euros serán par fondos de emerxencias.
mércores, 13 feb 2019
O alcalde deu conta este mércores do desenvolvemento deste encontro no que expertos e técnicos compartirán coñecemento na materia. Amais, lembrou que o Concello destina máis de 1,4 millóns de euros a CEDRO, centro de atención á drogodependencia, cando "é unha competencia da Xunta". <br />
martes, 5 feb 2019
Abel Caballero visitou este martes a mesa informativa que a entidade instalou no Farol de Urzáiz xunto a unha exposición de retratos de persoas que padecen cancro e dos seus familiares. O obxectivo é convidar á sociedade viguesa a que descubra as emocións desta realidade. O rexedor trasladoulles o apoio do seu goberno ás actividades e ao labor que desenvolven na cidade
venres, 25 xan 2019
O alcalde asistiu este venres á sinatura do convenio de colaboración entre Zona Franca de Vigo e a asociación Down Vigo que fará posible que a entidade de interese público teña unha nova sede no número 27 da rúa Real para desenvolver o seu labor social. "Os proxectos sociais ocupan o centro da nosa actividade", afirmou Abel Caballero logo do acto no que David Regades e María del Carmen López Barrero rubricaron un protocolo de actuación mediante o cal Zona Franca asumirá a construción do edificio para poñer a disposición da entidade.
mércores, 16 xan 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este mércores unha xuntanza con representantes do colectivo Mulleres Viúvas Demócratas de Vigo, a quen lles trasladou o apoio do Concello no congreso que organizarán o vindeiro mes de febreiro. "Destacan pola súa oposición á conxelación de pensións baixas que mantiña o goberno de Mariano Rajoy e terá o apoio do Concello", sinalou.
luns, 14 xan 2019
O alcalde de Vigo volveu poñer en valor esta mañá que Vigo é a única cidade galega cun albergue municipal que, ademais de cama ofrece servizo de comedor. Non obstante, para atender ás persoas que non queren acudir ás dependencias de Marqués de Valterra, o Concello mantén operativo o dispositivo do frío, que entrega bebidas quentes, sopa, mantas e sacos de durmir.
mércores, 9 xan 2019
O alcalde avanzou esta mañá que efectivos de Protección Civil se sumarán ao equipo de rúa que atende ás persoas que están na rúa porque se negan a durmir no albergue. O dispositivo do frío actúa tres veces ao día facilitando bebidas quentes, mantas e información sobre a dispoñibilidade de camas.