Escoitar

O Concello concede 3.190 bolsas de comedor e non deixa estudantes en lista de agarda

Ningún estudante quedará sen bolsa de comedor en Vigo, segundo explicou o rexedor nunha rolda de prensa na que avanzou que hai 3.190 beneficiarios. O Concello ampliará a partida de 1,2 millóns prevista para atender a 38 nenos ou nenas que quedaban en lista de agarda.

venres, 15 nov 2019
O Concello concedeu 3.190 bolsas de comedor o que supón atender a todos os nenos e nenas solicitantes que cumpren requisitos. Nunha primeira adxudicación, quedaron en lista de agarda 38 estudantes que serán atendidos de xeito inmediato e con carácter retroactivo. Con este obxectivo, o goberno local vai ampliar a partida de 1,2 millóns dado que a demanda aumentou este ano respecto a anteriores convocatorias.

No tocante ás bolsas de libros, hai 1.294 beneficiarios, que poden solicitar cita previa desde hoxe para presentar as facturas que aboará o Concello. A quenda poderá demandarse a través da páxina web ou a través do 010.