Escoitar

O concelleiro de Deportes convida a achegarse ao "clásico" do cros galego, o Memorial Belarmino Alonso

O Memorial Belarmino Alonso de cros federado vaise disputar de novo o derradeiro domingo de novembro (día 24, 10:15 horas) en Molinos (Comesaña) co patrocinio do Concello de Vigo e a organización habitual do Comesaña Sporting Club.

xoves, 14 nov 2019
1573748380belarmino.JPG
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asegurou que é "un dos croses máis importantes do calendario español e o máis importante de Galicia", cuestión que tamén reivindicou o presidente do club, Belarmino Alonso: "É a única carreira de campo a través de Galicia", dixo. De feito, o circuíto, de 2.330 metros, é excelente.

O edil, que tamén estivo acompañado polas atletas Soledad Castro e Patricia Feijoo, ademais do adestrador da entidade, Hipólito Sousa, e do responsable do Servizo de Deportes da Xunta, Daniel Benavides -hai probas escolares-, lembrou que a carreira é "un clásico no que participan os atletas máis importantes", e convidou á cidadanía a achegarse a San Andrés de Comesaña. Haberá uns 600 atletas de máis de corenta clubs de Galicia e Portugal.

Soledad Castro, a "runner" que máis edicións ten gañado (e a que máis participacións leva), explicou que "é un dos acontecementos que non resultan indeferentes, é o Belarmino en maiúsculas".

En total serán doce probas dende benxamíns a sénior, con premios en metálico de 1.800 euros para as carreiras sénior masculina e feminina.

Descargar todas as imaxes