martes, 12 nov 2019
O alcalde mantivo un encontro este martes con representantes de 15 entidades deportivas, sociais e educativas para notificarlles a cesión gratuíta de espazos para que poidan desenvolver as súas actividades deportivas. Participaron na xuntanza Down Vigo, Vigo Deporte Base, Asociación Alborada, Doa Saúde Mental, Fundación Menela, Fundación Igual Arte, Tamiar Apamp, os IES Santa Irene, Santo Tomé, A Guía e Teis, o CEIP Altamar, Asociación Galega San Francisco e as Federacións Galegas de Taekwondo e de Tenis.
martes, 12 nov 2019
Abel Caballero avanzou que a Xunta de Goberno Local aprobou este luns o proxecto de regulamento do servizo de transporte urbano de viaxeiros en autobús. O alcalde explicou que forma parte dos traballos preparatorios para o novo contrato de transporte colectivo.
martes, 12 nov 2019
AJE entregará o próximo 28 de novembro o XIV Premio Joven Empresario/a nun acto que se desenvolverá no Centro Social Afundación. Caballero felicitou aos promotores dunha iniciativa vencellada co emprendemento, unha das características do ADN dos vigueses.
martes, 12 nov 2019
A Media Maratón de Vigo disputarase este domingo con nova organización (Diesemm) e un percorrido lineal dende O Vao (rúa Canido, fronte ao campo do Coruxo FC) ata Sanjurjo Badía e rematando en Montero Ríos, á altura do Real Club Náutico de Vigo.