Escoitar

O Concello ten en marcha ou a punto de comezar obras e inversións por valor 108 millóns

O alcalde deu conta de que o Concello ten en marcha ou a punto de iniciar obras por valor de 28 millóns de euros, unha cifra á que hai que sumar outros 22,5 millóns en inversións que arrancarán antes de febreiro. O montante total ascende a 108 millóns ao incluír as obras que están a piques de ser licitadas ou as que xa teñen superado ese trámite.

luns, 11 nov 2019
A cidade ten en marcha ou a punto de comezar obras e inversións por valor de 108 millóns. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, nestes momentos están a piques de rematar obras por valor de 28 millóns: carril bici Teis-Samil; estrada provincial Emilia Pardo Bazán; pavillón de Quirós; humanización entorno Rosalía de Castro e García Barbón (Serafín Avendaño, Heraclio Botana e Roupeiro); pavillón de Balaídos; humanización Aragón (fase 5); Gregorio Espino (fase 3); rúa Pazos; Gran Vía; García Barbón; zona verde sobre falso túnel de Candeán; melloras de campos de fútbol e pavillón de Romil.

Así mesmo, o alcalde avanzou que antes de febreiro van arrancar obras por importe de 22,5 millóns de euros: Porta do Sol; beirarrúas Ábade Juan de Bastos; parada taxis Reconquista; beirarrúas da rúa Cantabria, humanización Ronda don Bosco e estrada Beade-Valladares fase I (Estrada Porto).

Respecto a inversións a punto de ser licitadas ou xa licitadas, Caballero enumerou obras por valor de 57,3 millóns, entre as que destacan: proxecto túnel de Leepanto; renovación abastecemento entorno San Roque; praza da futura estación do AVE; campos de Fragoselo; remodelación paseo de Bouzas; grada de Marcador; mellora campo de fútbol de A Guía; proxecto mellora baixada Estación e Praza da Estación; Parque de Bombeiros no Porto; avenida de Madrid; carril bici Avenida de Europa; cubrición Tranvía Castelao; mellora muros; asfaltado rúa Marín; beirarrúas Clara Campoamor; biblioteca de Teis; Serafín Avendaño; peonalización Praza Elíiptica; humanización Taboada Leal; beirarrúas San Paio de San Andrés de Comesaña e avenida Europa; Hispanidade (entre Zamora e Colmeiro); mellora e acondicionamento do Parque Central; acondicionamento do entorno da Torre Etea; subministro e colocación de biondas motos e grada do campo do Carballal. Antes de rematar, o rexedor puntualizou nesta relación non está incluída a futura Biblioteca do Estado comprometida polo Goberno Central ou os investimentos da Zona Franca.