venres, 15 nov 2019
A cidade acollerá a presentación de Frozen 2 o 20 de novembro, dous días antes da súa estrea en España, tras o acordo entre o Concello e a compañía. O rexedor destaca o "gran recoñecemento" que supón esta elección para Vigo.
venres, 15 nov 2019
Ningún estudante quedará sen bolsa de comedor en Vigo, segundo explicou o rexedor nunha rolda de prensa na que avanzou que hai 3.190 beneficiarios. O Concello ampliará a partida de 1,2 millóns prevista para atender a 38 nenos ou nenas que quedaban en lista de agarda.
venres, 15 nov 2019
O alcalde deu conta esta mañá da subvención de 224.000 euros a 15 entidades deportivas, sociais e educativas a conta da cesión gratuíta de espazos para que poidan desenvolver as súas actividades deportivas. As entidades beneficiarias son: Down Vigo, Vigo Deporte Base, Asociación Alborada, Doa Saúde Mental, Fundación Menela, Fundación Igual Arte, Tamiar Apamp, os IES Santa Irene, Santo Tomé, A Guía e Teis, o CEIP Altamar, Asociación Galega San Francisco e as Federacións Galegas de Taekwondo e de Tenis.
venres, 15 nov 2019
O concelleiro de Cultura presentou a programación musical da formación para a temporada 2019-2020, xunto ao director artístico, Javier Escobar. O Auditorio Martín Códax acollerá concertos sinfónicos, música de cámara e música barroca.
venres, 15 nov 2019
Abel Caballero achegouse esta mañá a rúa Príncipe para visitar a recen inaugurada tenda da firma Pull & Bear que abriu as súas portas ao público esta mesma mañá. Durante, a visita o rexedor felicitou promotores da que será unha nova tenda de referencia na cidade para o grupo Inditex.
venres, 15 nov 2019
O alcalde asegura a repercusión do evento, que se celebra do 22 ao 24 de novembro, e coincide co acendido do Nadal. Este festival ofrecerá 25 concertos en distintas zonas da cidade.