Escoitar

O Festival Super Bock Under Fest ofrecerá en Vigo máis de 25 concertos por toda a cidade

O alcalde asegura a repercusión do evento, que se celebra do 22 ao 24 de novembro, e coincide co acendido do Nadal. Este festival ofrecerá 25 concertos en distintas zonas da cidade.

venres, 15 nov 2019
1573827207151119SuperBock.JPG
A segunda edición do Festival Super  Bock  Under  Fest ofrecerá en Vigo máis de 25 concertos en distintos espazos de toda a cidade entre os días 22 e 24 de novembro. Caballero presentou esta mañá o evento, xunto con representantes das entidades organizadoras, e asegurou que terá "enorme repercusión ao coincidir, ademais, co encendido das luces de Nadal o día 23".
O festival, organizado por Sweet Nocturna co apoio do Concello, ofrece unha programación variada e de calidade que xuntará artistas internacionais, nacionais e locais repartidos en diferentes espazos do centro da cidade como a Biblioteca EMAO, Casa de Arriba, A Fábrica de Chocolate, A Iguana Club, Mondo Club, Mogambo Club, Museo MARCO, Sala Kominsky, Reserva Rock e Teatro Salesianos.
A artista canadense Peaches será un dos pratos fortes do festival que contará con outros grupos como Villagers, Eli ‘’ Paperboy’’ Reed, The Soft Moon e Derby Motoreta’ s Burrito Kachimba.
David Lago, de Sweet Nocturna, apuntou que o abono que dá acceso aos concertos do festival custa 25 euros, "un prezo que sería imposible conseguir sen o apoio do concello, xa que veñen grupos de moito prestixio".
Descargar todas as imaxes